O Concello de Lalín, no marco da Estratexia EDUSI Lalín SSUMA 21, está a traballar en diferentes actuacións encamiñadas a mellorar a eficiencia enerxética das instalacións deportivas municipais, de tal xeito que se reduza o consumo de enerxía e se acade un maior aforro enerxético, especialmente necesario a día de hoxe.
O concello de Lalín, no marco da Estratexia EDUSI Lalín SSUMA 21, vén de adxudicar a redacción do proxecto de execución, dirección facultativa e coordinación da seguridade do tramo T9-Rolda Leste do ‘Cinto Verde’ de Lalín a Marlene Pérez Sánchez.
As actuacións xa rematadas distribúense en nove tramos: Lalín Arena e Camiño do Muíño, Camiño da Costa, Filgueiroa, Carballeira da Crespa, Monte da Pena, Rúa do Regueiriño, Zona de descanso e Camiño entre Avenida Xosé Cuíña e Paseo do río Pontiñas.
Ademáis de varios microxardíns e dunha ‘actuación singular’ na Praza dos Nenos, quedarán habilitadas 16 prazas de aparcamento, dúas delas para minusválidos, e dúas zonas de carga e descarga.
O obxectivo principal da obra, segundo Aída Janeiro, responsable da proposta técnica levada a cabo, é ‘converter estas rúas céntricas nunha plataforma única e o ‘kilómetro cero’ como elemento xerador e epicentro da vila’
O deseño baseouse na imaxe da rúa de principios de século, con beirarrúas de lousas de pedra duns 2 metros de ancho.
Ao mesmo tempo que se acometen os traballos en Loriga, no tramo de Principal estanse a construír as canalizacións de recollida de augas pluviais en superficie antes da colocación do solado da plataforma de rodaxe campaña
Os traballos de dotación de canalizacións de evacuación de pluviais e depreparación das superficies sobre as que se asentarán os solados tanto enpedra como en formigón ocre xa están moi avanzados.
No día de hoxe levantouse parte do solado de pedra da rúa Colón parapreparar a superficie na zona na que se conectará co KM0
Rematáronse os traballos de instalación de canalizacións e servizos a ambos os dous lados da rúa e agora continuarase co empedrado das beirarrúas e o formigonado dende o Km 0 ata Abanca.