Ir o contido principal

Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

CRESPO VISITOU AS OBRAS DE PRINCIPAL E LORIGA QUE SEGUE A CUMPRIR PRAZOS E NA QUE XA COMEZOU A COLOCACIÓN DOS SOLADOS DE PEDRA NAS BEIRARRÚAS DA PARTE ALTA DA RÚA

  • Os traballos de dotación de canalizacións de evacuación de pluviais e de preparación das superficies sobre as que se asentarán os solados tanto en pedra como en formigón ocre xa están moi avanzados.
  • No día de hoxe levantouse parte do solado de pedra da rúa Colón para preparar a superficie na zona na que se conectará co KM0

Luns, 25 de outubro de 2021


O alcalde de Lalín, José Crespo, acompañado dos concelleiros delegados da EDUSI e de Obras, María Paz Pérez e José Cuñarro, visitou as obras de humanización das
rúas Principal e Joaquín Loriga que seguen “cumprindo obxectivos temporais” e nas que xa comezaron a “colocarse os solados en pedra que corresponderían as
beirarrúas de Joaquín Loriga”.

Na visita, na que tamén tomaron parte os responsables técnicos municipais, da empresa adxudicataria e os responsables do proxecto, púidose comprobar que van
moi avanzados os traballos de preparacións das superficies enriba das que se colocarán os solados e a dotación de servizos das rúas de plataforma única como as
canalizacións de evacuación de pluviais.


De feito, durante a visita, as máquinas traballaban na retirada do solado de pedra da rúa Colón na zona onde encota esta rúa co Km0 e na que se manterá un deseño en
pedra uniforme tanto para o KM0 como para as conexións coas rúas adxacentes.


A colocación de solados que converterán a rúa nunha plataforma única xa comezou en Joaquín Loriga no lateral esquerdo en sentido subida e continuará ata rematar esta rúa e comezar pola outra beira, xa que no tramo de Principal manterase o actual solado. En canto estean realizados estes traballos, será o turno da colocación
do afirmado en formigón ocre que constituirá a superficie de rodaxe para vehículos no centro da calzada.


CONEXIÓNS COAS ZONAS EMPEDRADAS DOUTRAS RÚAS


Na visita abordáronse as decisións sobre diversos remates estéticos que hai que adoptar para facer conexión entre as zonas empedradas vellas e que non se
retiraron e os novos solados e as súas conexións coas canalizacións de evacuación  de auga. Tamén se abordaron temas relativos ás zonas verdes que humanizan
varios tramos de rúa e a súa configuración final e detalles puntuais sobre as zonas de carga e descarga necesaria nunha zona con tanta actividade de movemento de
mercadorías.

Ambas partes, Concello e empresa, agardan que na medida do posible se cumplan os obxectivos temporais marcados e que nas datas de Nadal a obras este case
rematada ou coa maior parte da execución da infraestrutura rematada.

A responsable municipal da DUSI e tenente de alcalde, Paz Pérez, anima “a todas as persoas interesadas a que se inscriban na páxina www.lalintalento.com nas
vindeiras citas” do programa ‘Lalín Talento’, xa que aínda quedan prazas libres para as seguintes xornadas de emprendemento sobre as temáticas “Empoderamento
rural” (14 de outubro) e “Creatividade e TICS” (21 de outubro).

TAGS