- Ao mesmo tempo que se acometen os traballos en Loriga, no tramo de Principal estanse a construír as canalizacións de recollida de augas pluviais en superficie antes da colocación do solado da plataforma de rodaxe campaña
Luns, 15 de novembro de 2021
O alcalde de Lalín, José Crespo, e os concelleiros María Paz Pérez e José Cuñarro visitaron esta mañá as obras de Principal e Loriga onde se continúan a acometer os traballos de colocación de solados de pedra no tramo dereito da rúa Loriga. Uns traballos de afirmado das beirarrúas que quedarán rematados ao longo da vindeira semana.
Unha vez se acometa o empedrado das beirarrúas de Jaquín Loriga procederase ao afirmado, ao mesmo nivel, da zona de rodaxe e estacionamento en formigón desactivado que deixaran os solados das rúas Principal xa rematados antes das datas de Nadal. Ao tempo tamén se colocarán as pequenas zonas axardinadas coas que contará esta rúa e o tramo máis cercano de Principal e que darán o toque máis verde e natural a estas dúas rúas.
Ao mesmo tempo que se acometen os traballos en Loriga, no tramo de Principal estanse a construír as canalizacións de recollida de augas pluviais en superficie antes da colocación do solado da plataforma de rodaxe e estacionamento que dará uniformidade co acabado do tramo da rúa adicada ao aviador lalinense.
Máis retrasada, xa que será o remate da obra, está a conexión das rúas Principal, Loriga, Praza da Igrexa e Colón que será afirmada en pedra nunha zona de preto de 500 metros cadrados en torno ao km0 que se converterán nun punto singular da nosa vila e que presentarán un deseño tanto no solado como na iluminación moi especial e que darán un toque distinto a ese punto de referencia do casco urbano con elementos como unha gran lámpada redonda e con nomes de diversas ubicacións da nosa comunidade.
A visita tamén serviu para axustar algúns detalles sobre as zonas verdes e concretar máis polo miúdo algúns prazos que depende do subministro de material e da colocación de algúns servizo telemáticos de operadoras telefónicas.