Lalín precisa da túa participación
Lalin SSUMA 21 é unha estratexia cunha clara orientación participativa e colaborativa como establecen as directrices dos Fondos FEDER 2014-2020 . As 15 Liñas de Actuación (LA) teñen planificados procesos de participación cidadán para que os veciños e veciñas de Lalín poidan dar a súa opinión ou facer aportacións.
A participación cidadán estrutúrase mediante reunións participativas, comunicación nos medios e a interacción entre os cidadáns e os executores da Estratexia. Todas as accións participativas teñen a súa correspondente publicidade previa e todas as reunións son de carácter aberto. Ademais, a páxina de Participa Lalín ofrece permanentemente unha vía de participación para todos os cidadáns.
Aínda así, desde esta web tamén queremos ofrecer unha fiestra máis para a participación ou colaboración.
Que tes que facer?
1.Revisa a información dispoñible sobre Lalín SSUMA21 para ter unha idea sobre os ámbitos de actuación.
2. Identifica aquelas necesidades por cubrir, actuacións ou consellos xerais que che veñan á mente.
3. Difunde esta iniciativa entre outras persoas da Lalín
Este formulario manterase activo de forma permanente ata o peche do proxecto.